CURSO: ACTIVA A TÚA EMPREGABILIDADE

DESCRICIÓN:

Acción formativa modular de duración total de 30 horas. Posibilidade de inscrición só aos módulos desexados.
Cada módulo durará 5 horas: 2 horas presenciais e 3 horas de traballo autónomo do alumnado.
Posibilidade de recoñecemento de créditos ECTS.

Módulos:

  • Coñécete a ti mesmo e ao mercado laboral
  • Cómo e onde buscar traballo
  • Carta de presentación e c.v.
  • O proceso de selección: test psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección
  • O meu primeiro contrato laboral: aspectos legais e organizativos
  • Emprégate en Europa

OBXECTIVOS:

  • Facilitar a aparición de actitudes positivas en relación coa busca de emprego a partir do desenvolvemento dos recursos persoais.
  • Realizar unha análise do grao de empregabilidade persoal atendendo ás características do mercado de traballo e ao perfil profesional e persoal.
  • Obter un enfoque correcto na exploración de oportunidades, a elección da metodoloxía e a canlel máis adecuada na busca de emprego.
  • Aprender a analizar o mercado de traballo, tendencias e situación actual.
  • Manexar distintas fontes de información de ofertas de emprego, dando prioridade ao emprego das TICs.
  • Ofrecer estratexias para definir o obxectivo profesional, a partir da identificación das propias competencias.
  • Coñecer as ferramentas e métodos adecuados para realizar unha busca de emprego activa e planificada, adaptándoas ao mercado de traballo actual.
  • Capacitar para afrontar os procesos de selección: características das entrevistas de selección e formulación e resolución das probas psicotécnicas e das dinámicas de grupo.
  • Coñecer os aspectos legais básicos de toda relación laboral, identificando os dereitos e obrigacións como traballadores e traballadoras.
  • Coñecer a estrutura organizativa dunha empresa e o funcionamento básico dos seus subsistemas empresariais.
  • Facilitar recursos que permitan optimizar a busca de emprego en Europa ao colectivo universitario.

LUGAR:

Edificio Miralles, no campus de Vigo.
Posibilidade de ofertar os cursos nos campus de Ourense e Pontevedra previa solicitude.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal