Formación

Como non só a adecuación das candidaturas aos perfiles profesionais demandados inflúe no éxito do proceso de inserción, senón que a habilidade cara a busca de emprego tamén o facilita, a AEE organiza accións formativas para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento desas habilidades.

OBXECTIVO:

Mellorar as posibilidades de inserción, tanto do alumnado finalista como dos titulados e tituladas da Uvigo, a través do coñecemento das ferramentas e recursos de emprego.

METODOLOXÍA:
Activa e participativa, baseada na realización de diversos exercicios e dinámicas de grupo.

A QUEN VAI DIRIXIDO:
Preferentemente estudantes de últimos cursos e recén titulados e tituladas da Universidade de Vigo.

Algunhas das súas temáticas son:

  • Diagnóstico da empregabilidade.
  • Recursos e habilidades para a busca de emprego.
  • O proceso de selección.

Entra no catálogo dos cursos, consulta o seu calendario e inscríbete de forma grautita no seguinte enlace. 

A admisión é por rigoroso orde de inscrición e o prazo de solicitudes remata o 10 de xullo de 2016.

NOTA: Cada obradoiro será recoñecido por 5 horas (30 horas=1 crédito).

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal