findeu

 

A Finde.U nace do compromiso entre as Universidades de Vigo, O Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro de traballar de maneira conxunta e coordinada na creación dun espazo de achegamento do talento universitario ao tecido empresarial non só en Galicia e o norte de Portugal, senón tamén nun marco internacional moito máis amplo.

Para iso, entre as institucións, deseñamos un programa de accións que, para o ano 2016, consistirán en:

  • INTERNATIONAL VIRTUAL JOB FAIR - 30 de maio ao 3 de xuño
  • FEIRA INTERNACIONAL DO EMPREGO UNIVERSITARIO
    • Porto, 2 e 3 de novembro de 2016
    • Vigo, 8 e 9 de novembro de 2016

Desta maneira, a Finde.U, estreitando a conexión entre Galicia e o norte de Portugal, pon en contacto coas principais organizacións empresariais españolas, portuguesas e internacionais non só a máis de 60.000 estudantes universitarios, senón tamén a máis de 110.000 persoas egresadas das tres institucións.

Todas as accións da Finde.U son multisectoriais e están abertas á participación da comunidade universitaria con independencia da institución académica de orixe.

Para os e as estudantes de todos os cursos e de todas as áreas de coñecemento a Finde.U é unha oportunidade para contactar, xa sexa de xeito virtual ou presencial, cun gran número de entidades empresariais e para comprender a actual situación do mercado laboral e os seus desafíos, así como tamén iniciar novas redes de contacto.

A través da Finde.U poderás:

  • Buscar e seleccionar as empresas que máis se adapten ás túas perspectivas de traballo e intereses profesionais.
  • Coñecer as competencias máis valoradas polo mercado de traballo á hora de seleccionar persoal.
  • Atopar o teu primeiro traballo ou período de prácticas dentro ou fóra do país.
  • Crear ou optimizar as túas redes de contacto.
  • Explorar, xunto ás empresas participantes, as saídas profesionais nas túas áreas de formación para así definir a túa traxectoria profesional.

abre
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal