FEIRA VIRTUAL INTERNACIONAL DO EMPREGO

21 - 24 DE MARZO DE 2017

Se buscas un emprego, práctica ou oportunidade de investigación acordes coa túa titulación en Europa, che gustaría entrar en contacto directo con empregadores españois, portugues e doutros paises europeos e necesitas asesoramento sobre como buscar ou presentar a túa candidatura a unha oferta de emprego, a Finde.U é o evento que necesitas.

Participa online e entra en contacto con empresas de toda Europa que buscan o teu perfil profesional e o teu nivel de competencias.

A segunda edición da FINDE.U Virtual é unha oportunidade para ti e para empresas de toda Europa de entrar en contacto virtual, na que poderás participar con independencia da túa ubicación, xa sexa en España, Portugal ou calquera outro país da Unión Europea.

Este evento ofréceche un amplo conxunto de accións para a procura de emprego en Europa. En concreto, poderás:

  • Presentar a túa candidatura a ofertas de emprego/prácticas que se axusten ao teu perfil académico e profesional.
  • Manter un primeiro contacto vía chat con empresas, conselleiros EURES e outros expertos en orientación laboral.
  • Tomar parte en talleres de empresas, sesións informativas e presentacións.
  • Se tes éxito, ser preseleccionado para unha entrevista.

O Programa completo estará dispoñible online. Consúltao a partir do 3 de marzo.

INCRÍBETE AQUÍ

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal