FEIRA VIRTUAL INTERNACIONAL DO EMPREGO

21 - 24 DE MARZO DE 2017

Se a súa empresa está situada en Portugal, España ou outro país europeo, lle gustaría establecer contacto con candidatos e candidatas de universidades de Portugal, España e toda Europa e está interesado en promover o seu programa de prácticas ou de oportunidades profesionais, a FINDE.U Feira Internacional Virtual de Emprego, do 21 ao 24 de marzo, é o evento que necesita.

O evento está organizado polas Universidades do Porto, Vigo e Tras-Os-Montes e Alto Douro, con arredor de 60.000 estudantes e 110.000 titulados da euro-rexión Galicia / Norte de Portugal, en conxunto coa Rede EURES, proporcionándolle unha panorámica de 360 graos do mercado laboral en todas as especialidades profesionais, desde enxeñarías e tecnoloxía de xestión, até ciencias da saúde e artes.

O feito de participar na FINDE.U Virtual permitiralle entrar en contacto con candidatos altamente cualificados de Portugal, España e de toda Europa en procura dunha oportunidade profesional, beneficiándose dunha plataforma innovadora e interactiva que lle permita desenvolver as mesmas accións de recrutamento que desenvolvería nunha feira de emprego presencial sen saír do seu posto de traballo.

Poderá axustar o seu modelo de participación ás súas necesidades e á súa dispoñibilidade.

Como empresa pode:

  • Divulgar o perfil da súa empresa na plataforma.
  • Promover activamente as súas necesidades de contratación, coma ofertas de emprego, de prácticas ou de investigación.
  • Recoller candidaturas previamente filtradas (co apoio da Rede EURES).
  • Utilizar a opción do chat online para establecer contacto con posibles candidatos.
  • Realizar entrevistas online con candidatos seleccionados a unha hora e unha data prefixada.
  • Dispor dunha presentación virtual (pregrabada) sobre a súa organización e as necesidades da empresa.
  • Poderá axustar o seu modelo de participación de acordo coas súas necesidades e dispoñibilidade. Terá á súa disposición apoio técnico e asistencia antes e durante o evento.

Inscricións até o 3 de marzo

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal