FEIRA VIRTUAL INTERNACIONAL DE EMPREGO

21 - 24 DE MARZO 2017

 

1200x675-2

Accede á FINDE.U VIRTUAL INTERNATIONAL JOB FAIR.

As universidades de Vigo, Oporto e UTAD (Trás-Os-Montes e Alto Douro), en cooperación con IEFP / EURES Portugal e EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, organizan a segunda edición de FINDE.U Virtual University International Job Fair, que terá lugar entre os días 21 e 24 de marzo de 2107.

Durante este evento, expositores de toda Europa terán a oportunidade de entrar en contacto virtual con máis de 60.000 estudantes universitarios, así como 110.000 titulados deste tres universidades así como con miles de titulados e tituladas doutras institucións de educación superior de toda Europa que estean a buscar un emprego, unha práctica ou unha oportunidade de investigación, acadando un rango de competencias e cualificaciones profesionais moito maior.

EMPRESAS E INSTITUCIÓNS

Como empregador disporá dunha ampla gama de opcións. Poderá publicar as súas vacantes de emprego e prácticas, recibir e seleccionar candidaturas e levar a cabo entrevistas de traballo online con candidatos preseleccionados nos horarios que elixa. Poderá ademais compartir unha presentación online promovendo a súa organización e as súas necesidades de contratación de persoal.

Disporá de apoio técnico e do asesoramento de Eures no proceso de selección, tanto antes como durante o evento.

ESTUDANTES E PERSOAS TITULADAS

Se está a buscar un emprego, poderá presentar a súa candidatura a ofertas de emprego/prácticas/oportunidades de investigación, coñecer a empresas e/ou expertos no mercado laboral dalgúns países europeos e mesmo concertar unha entrevista online.

Tamén terá á súa disposición un programa cunha ampla oferta de talleres e sesións informativas sobre competencias transversais e desenvolvemento persoal, emprendemento, empregabilidade a nivel europeo, así como presentacións de empresas e institucións sobre as súas necesidades de contratación de persoal.

O único que necesita para participar será acceso a internet, auriculares con micrófono e efectuar o seu rexistro con carácter previo ao evento.

Contamos con vós.


 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal