findeu

Cando e onde se celebra a Finde.U?

A Finde.U organízase pola Área de Emprego e Emprendento en colaboración coas Universidades de Oporto e Tras-Os-Montes e Alto Douro e consiste en dous eventos presenciais que terán lugar co seguinte calendario:

 EXPONOR

 

 Oporto (EXPONOR) - 2 e 3 de novembro 

 

 

IFEVI

 

  Vigo (IFEVI) - 8 e 9 de novembro 

 

 

Quen pode visitar a Finde.U?

A Finde.U é un foro de entrada libre ao que poderá asistir calquera estudante ou persoa con titulación universitaria que estea interesada en entrar en contacto con organizacións nacionais e internacionais de diversos sectores empresariais, ben para presentar a súa candidatura ás ofertas de emprego, prácticas externas ou traballos ocasionáis que estas ofertan, ou ben para coñecer de primeira man cal é a demanda actual do mercado laboral no ámbito universitario.

Teño que inscribirme para asistir?

As empresas non aceptarán en ningún caso documentación en formato papel, polo que si estás interesado en facer chegar o teu CV ou o teu perfil de LinkedIn a algunha empresa é necesario que te inscribas na plataforma de rexistro (preme na imaxe) antes do día que en que comencen os eventos.

 

                                     INCRÍBETE

Como presento o meu CV ás empresas/organizacións participantes?

beamian margenO sistema é moi sinxelo. Na plataforma de rexistro poderás subir o teu CV e perfil de LinkedIn. O día que asistas á feira deberás pasar polo mostrador de rexistro na entrada, e persoal da organización cargará estes datos nunha tarxeta.

No caso de estudantes da Universidade de Vigo que dispoñan da tarxeta de estudante, será este o soporte utilizado, por esto é importante que, cando te rexistres, introduzas correctamente o número da túa tarxeta de estudante.

Unha vez dentro do recinto, para presentar a túa candidatura a calquera das empresas participantes, simplemente terás que pasar a túa tarxeta polo terminal dixital que haberá instalado en cada stand.

Na plataforma de rexistro poderás consultar posteriormente a que empresas fixeches chegar o teu CV ou perfil de LinkedIn.

Como podo saber que empresas participan e cales son os perfís académicos que demandan?

A organización da Finde.U publicará en breve unha guía na que aparecerán todas as empresas e organizacións participantes tanto en Oporto como en Vigo. Nesta guía, de formato moi similar á da Finde.U Virtual que celebramos en maio deste ano, publicaranse os datos máis salientables destas, así como os perfís que demandan e os procedementos de selección que utilizan habitualmente.

No Facebook da Área de Emprego e Emprendemento poderás enterarte facilmente do momento en que se publique esta guía, así como estar ao tanto de todas as novidades que se produzan.

No entanto, podes consultar aquí algunhas das empresas que xa fixeron a súa inscrición para o evento que terá lugar en Vigo.

Debes ter en conta que, aínda que algunhas empresas participan en ámbos os dous eventos, son moitas as entidades que por cuestións organizativas non poden facelo, o cal non quere dicir que non poidan estar interesadas no teu perfil académico e profesional. Polo tanto, a visita a so unha das feiras non supón acadar contacto con todas as empresas que che poden interesar da Finde.U.

Como podo achegarme aos recintos feriais

A Área de Emprego e Emprendemento facilita o transporte dende os tres campus a ambos eventos (Oporto e Vigo) a estudantes e persoas egresadas da Universidade de Vigo.

  • Máis información aquí.
  • Formulario de solicitude aquí.

Podo colaborar coa Finde.U?

Un equipo de voluntarios internacional formado por estudantes das tres universidades organizadoras, ofrecerá apoio aos visitantes durante o desenvolvemento dos eventos de Vigo e Oporto. Se queres formar parte deste equipo, coñecer como funciona a organización dun evento destas características e ter un contacto máis directo coas empresas participantes podes solicitalo enviando un correo electrónico a voluntariado@uvigo.es.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal