FINDE.U - FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO UNIVERSITARIO

 

EMPRESAS E INSTITUCIÓNS

Modalidades de Participación

As entidades empregadoras poderán participar na FINDE.U en distintas modalidades segundo o seu interés en participar en todos os eventos ou so nalgúns deles.

Pode consultar aquí as diversas modalidades de participación e os respectivos custos.

As entidades empregadoras poderán tamén vencellarse ao evento en calidade de Patrocinadores beneficiándose de diversas vantaxes. Obteña máis información sobre modalidades e prazos no apartado "patrocinio e publicidade".

Prazos de Inscrición

  • Feira Internacional Virtual do Emprego - até o 3 de marzo de 2017
  • FINDE.U Presenciais de Porto e Vigo - até o 16 de setembro de 2017

Nota: Todas as inscricións que se produzan fora do prazo establecido serán analizadas caso a caso pola organización da FINDE.U.

Procedemento de Inscrición

Para inscribirse na Finde.U en calquera das súas modalidades debe rexistrarse aquí.

 

ESTUDANTES E PERSOAS TITULADAS

A participación na Finde.U en todas as súas modalidades é gratuíta para estudantes e diplomados de calquera universidade.

A inscrición na Feira Virtual deberá realizarse directamente na plataforma European Job Days.

Nos eventos presenciais de Porto e Vigo, o rexistro deberá ser realizado na plataforma BEAMIAN, ou poderá ser realizado no propio mostrador de recepción nos recintos feriais. (Proximamente activo)

Tras este rexistro e coa tarxeta de estudante ou, de selo caso, coa tarxeta cedida pola organización da FINDE.U, poderá o visitante facer llegar o seu CV ás empresas participantes de maneira electrónica, sen a necesidade do CV en papel.

 

LIGAZÓNS

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal