FINDE.U - FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO

MARZO - OUTUBRO 2017

 

A Finde.U nace do compromiso entre as Universidades de Vigo, O Porto e Tras-Os-Montes e Alto Douro de traballar de maneira conxunta e coordinada na creación dun espazo de achegamento do talento universitario ao tecido empresarial non só en Galicia e o norte de Portugal, senón tamén nun marco internacional moito máis amplo.

Para iso, entre as tres institucións, deseñamos un programa de accións que, para o ano 2017, consistirán en:

Un evento virtual

  • INTERNATIONAL VIRTUAL JOB FAIR - 21 a 24 de marzo de 2017

Dous eventos presenciais

  • FEIRA INTERNACIONAL DO EMPREGO UNIVERSITARIO
    • Porto, 17 e 18 de outubro de 2017
    • Vigo, 24 e 25 de outubro de 2017

Deste xeito, a Finde.U, estreitando a conexión entre Galicia e o norte de Portugal por segundo ano consecutivo, pon en contacto coas principais organizacións empresariais españolas, portuguesas e internacionais non só a máis de 60.000 estudantes universitarios, senón tamén a máis de 110.000 persoas egresadas das tres institucións.

Todas as accións da Finde.U son multisectoriais e están abertas á participación da comunidade universitaria con independencia da institución académica de orixe.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal