(ES) eures_logo BOX 1

EURES TRANSFRONTEIRIZO GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

EURES (Servizos de Emprego Europeos) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membros que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.

Dentro da Rede EURES enmárcase o Servizo EURES Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios.

Existen en toda Europa vinte EURES Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza. 

Son organismos socios de Eures-T Galicia - Norte de Portugal:

  • Instituto do Emprego e Formaçao Profissional
  • Servicio Público de Empleo Estatal
  • Xuntal de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar
  • Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • Associaçao Industrial do Minho
  • Associaçao Empresarial do Alto Tamega
  • Associaçao Empresarial de Viana do Castelo
  • Uniâo Empresarial do Vale do Minho
  • Universidade de Vigo
  • Universidade do Minho
  • Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal
  • Fegamp
  • Associaçao de Municipios do Alto Minho

 

 eures-people

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal