PREMIOS INCUVI AVANZA

imagen incuvi avanza

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, convoca a 2ª edición dos Premios Incuvi-Avanza.

OBXECTO

Ampliar o apoio a aqueles proxetos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados cun premio Incuvi na convocatoria do exercicio 2016.

DESTINATARIOS

  • Estudantes ou persoas egresadas da Universidade de Vigo que resultaran gañadores da convocatoria de INCUVI-Emprende publicada por R.R do 15 de decembro de 2015 que lles deu dereito á ocupación dos espazos de preincubación durante o ano 2016
  • Os proxectos poderán ser presentados individualmente ou en grupos dun máximo de catro persoas.
  • Alomenos o 50% dos solicitantes vinculados a cada proxecto Incuvi-Avanza deben ser membros orixinais do equipo no momento en que presentaron a súa solicitude a Incuvi-Emprende.
     

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

A inscrición deberá realizarse a través do formulario on-line.

Todos os proxectos deben enviar ademais un correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.es co asunto AVANZA – “NOME DO PROXECTO” achegando a seguinte documentación:

  • Memoria do plan de empresa, facendo constar expresamente que se trata dunha proposta orixinal.
    A devandita memoria debe incluir unha análise estratéxica, plan de marketing, plan de operacións, plan de recursos humanos, plan económico-financieiro e forma xurídica da empresa.

    Valorarase a entrega dun modelo de negocio Canvas e a súa explicación.
  • Carta de interese na que as persoas solicitantes xustifiquen a súa motivación na participación desta edición, así como as súas expectativas no caso de resultar gañadoras.

No caso de que algún dos compoñentes do equipo non fora membro orixinal do grupo na convocatoria de INCUVI-Emprende deberá achegar tamén:

  • Currículum Vitae.
  • Copia do DNI

Opcionalmente, poderase completar esta documentación cUn video de presentación do proxecto en formato .mp4 de duración non superior a 2 minutos.

 

PRAZO
Ate o 15 de febreiro de 2017


PREMIOS

Subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos que se relacionan:

  • Campus de Ourense: Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense (CITI), 1 espazo.
  • Campus de Vigo: Parque Empresarial e Terciario Porto do Molle (Consorcio Zona Franca de Vigo), 1 espazo.

Formación e mentorización a cargo da Vicerreitoría de Estudantes e da Fundación da Universidade de Vigo para acadar que o seu proxecto se converta nunha realidade empresarial, contando coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO).

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal