INCUVI - Emprende 2017

incuviE

OBXECTO

O obxecto da 6ª Convocatoria dos Premios INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo é o fomento do espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus un programa de preincubación dun ano de duración.


PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

 

PROXECTOS

Poderá presentarse a concurso calquera iniciativa que desenvolva un proxecto de emprendemento nalgunha das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo:

  • Artes e humanidades
  • Ciencias
  • Ciencias da saúde
  • Ciencias sociais e xurídicas
  • Enxeñaría e arquitectura

Estes proxectos deberán ser orixinais e a súa autoría deberá corresponder á persoa ou persoas que os presentan. En todo caso, coa presentación dos seus proxectos, as persoas que os promoven asumen todas as responsabilidades en relación a súa autoría.

 

PRAZO

O prazo de presentación de sollicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.

Ampliación de prazo ata o 7 de febreiro de 2017

 

PREMIOS

O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente.

 

DOCUMENTACIÓN

O documento pdf resultante da inscrición on-line deberá ser presentado á Área de Emprego e Emprendemento a través dalgún dos dous seguintes medios:

  • Impreso en papel e asinado manualmente, a través do rexistro xeral da Universidade de Vigo ou en calquera dos seus rexistros auxiliares.
  • En formato pdf e asinado con certificado dixital, dirixido ao correo electrónico que se indica a continuación, acompañando ao resto da documentación.

Todos os proxectos deben enviar un correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.es co asunto INCUVI – “NOME DO PROXECTO” achegando a seguinte documentación:

  1. Copia do DNI de todas as persoas solicitantes
  2. Curriculum Vitae de todas as persoas solicitantes.
  3. Carta de interese en que xustifiquen a súa motivación para participar nesta edición, así como as súas expectativas no caso de resultar gañadores ou gañadoras.

Opcionalmente, poderase completar esta documentación con:

  • Un resumo executivo do proxecto en formato .pdf cunha extensión máxima de 6 páxinas no que se inclúan textos, gráficos ou imaxes que permitan obter unha visión máis completa do proxecto.
  • Logotipo do proxecto en formato jpg.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal