Deseñador/a Mecánico/a

OE-Fac-18-0023

8 de febreiro de 2018

Tipo convocatoria
Oferta de emprego
Número vacantes
2
Data Inicio Publicación
8 de febreiro de 2018
Data Fin Publicación
7 de marzo de 2018
Empresa
Empresa especialista en robotización
Lugar de traballo
Nigrán
Xornada completa
Si
Horario
De 07:00 a 15:00 horas.
Funcións
- Realización de deseños e desenvolvemento de proxectos.
- Elaboración da documentación técnica.
- Realización dos planos de montaxe reflexando a información necesaria para a fabricación da máquina.
- Definición do material a utilizar e os seus componentes.

OFRÉCESE:
- Contrato indefinido.
- Incorporación inmediata.
- Retribución mensual bruta: 1.800€.
Coñecementos
TITULADOS/AS DA UNIVERSIDADE DE VIGO EN:
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría Industrial, Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, Enxeñaría en Organización Industrial, Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñaría en Automática e Electrónica Industrial, Grao en Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Técnica Industrial espec. Electricidade, Enxeñaría Técnica Industrial espec. Electrónica Industrial, Grao en Enxeñaría Mecánica, Enxeñaría Técnica Industrial espec. mecánica.

IMPRESCINDIBLE:
- Coñecemento de programas de deseño 3D.
- Carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.
- Dispoñibilidade para viaxar.

VALORABLES os coñecementos en idiomas: Inglés nivel B1 e francés nivel A2.

COMPETENCIAS TRANSVERSAIS REQUIRIDAS PARA O POSTO:
Capacidade de aprendizaxe autónoma, iniciativa persoal, adaptabilidade a novas situacións, creatividade e motivación pola calidade. Capacidades para xestionar a presión, para asumir responsabilidades, para a resolución de problemas, para tomar decisións, de organización e planificación e para traballar en equipo.
 

No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación

Documentación a presentar
Curriculum Vitae actualizado.
Entrega de documentación
Por correo electrónico a dismecoftec@gmail.com indicando no asunto a denominación do posto ofertado.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal