Responsable Informático/a - Ampliado o prazo

OE-Fac-17-0205

7 de febreiro de 2018

Tipo convocatoria
Oferta de emprego
Número vacantes
1
Data Inicio Publicación
7 de febreiro de 2018
Data Fin Publicación
28 de febreiro de 2018
Empresa
RED CORTINA TÉCNICA, S.L.
Lugar de traballo
Ourense
Xornada completa
Si
Funcións
Xestión tanto da páxina de venda online como da rede informática da propia empresa, incluindo servidores e programas de correo electrónico. A persoa será responsable do funcionamento de toda a rede informática y de xerar, optimizar, actualizar contidos e facer seguimento das vendas online.

OFRÉCESE

Contrato indefinido
Incorporación inmediata
Coñecementos
O/a candidato/a deberá ter experiencia na xestión de páxinas WEB de venda online e apoio a redes informáticas. Debe de ser unha persoa dinámica con excelente capacidade de traballo en equipo, capacidade de traballo baixo presión e con autonomía. carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.

Requírense as seguintes competencias mínimas con experiencia comprobada en:
- Desenvolvemento SEM e SEO
- Optimización de Prestashop
- Xestión de redes sociais e link building
- Coñecementos de Google Analitycs
- Coñecementos en Google Adwords
- Coñecementos en Google Search Console
- Coñecementos en Google My Business
- Coñecementos de ferramentas de procesamento de imaxe (exp. GIMP)
- Coñecementos de redes físicas e servidores
- Coñecementos de inglés. Valoraranse coñecementos doutas linguas.
Destinatarios
(So estudantes ou titulados/as da Universidade de Vigo)
  • Enxeñeiro en Informática | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría Informática | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, especialidade en Sistemas de Telecomunicación | Titulados/as
  • Enxeñeiro de Telecomunicación | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | Titulados/as
  •  

    No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación

    Documentación a presentar
    Curriculum vitae actualizado
    Entrega de documentación
    Enviar a documentación a: info@red.gal, indicando no asunto a denominación do posto solicitado
    Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal