Técnico/a de Compras - Ampliado o Prazo

OE-Fac-17-0130

17 de xullo de 2017

Tipo convocatoria
Oferta de emprego
Data Inicio Publicación
17 de xullo de 2017
Data Fin Publicación
31 de xaneiro de 2018
Empresa
Softtek
Lugar de traballo
A Coruña
Remuneración
860 €/mes
Xornada completa
Si
Horario
De 09:00 a 18:00 h (1h para comer)
Funcións
Recibir e procesar requirimentos de compra. Identificar provedores alternativos e pedir orzamentos negociando aforros. Xerar ordes de compra e confirmalas co provedor seleccionado. Garantir a entrega do material ou servizo segundo as condicións, a data e o prezo acordado. Resolver incidencias de entrega ou problemas que impidan o pago das facturas. Xestionar e manter a base de datos de provedores de acordo ás regras do negocio así como a negociación dos termos e condicións. Colleitar a documentación necesaria para xestionar a devandita base de datos. Elaborar reportes.

OFRÉCESE:
Tipo de contrato: contrato en prácticas.
Nº de prazas: varias.
Duración: 12 meses prorrogables.
Coñecementos
IMPRESCINDIBLE coñecementos de: Inglés e Francés, nivel C1; Ofimática, Internet e redes sociais.
Valorarase coñecemento doutros idiomas, nivel B2.

Competencias transverais requiridas para o posto: capacidade de aprendizaxe autónoma; adaptabilidade a novas situacións; capacidade para xestionar a presión, asumir responsabilidades e resolver problemas; liderado; capacidade para traballar en equipo, nun contexto multicultural e/ou internacional; compromiso ético no traballo; comunicación oral e/ou escrita.
Destinatarios
(So estudantes ou titulados/as da Universidade de Vigo)
  • Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Francés) | Recén titulados/as
  • Licenciado en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) | Recén titulados/as
  • Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Francés) | Recén titulados/as
  • Licenciado en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) | Recén titulados/as
  • Grao en Tradución e Interpretación (Español-Francés) | Recén titulados/as
  • Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) | Recén titulados/as
  • Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Francés) | Recén titulados/as
  • Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) | Recén titulados/as
  • Grao en Linguas Estranxeiras | Recén titulados/as
  • Licenciado en Filoloxía Inglesa | Recén titulados/as
  • Grao en Comercio | Recén titulados/as
  •  

    No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación

    Documentación a presentar
    Currículum Vitae actualizado
    Entrega de documentación
    Por correo electrónico a david.perezg@softtek.com indicando no asunto a denominación do posto solicitado.
    Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal