Tecnólogo/a de proxectos I+D+i - Ampliado prazo

OE-Fac-17-0048

16 de marzo de 2017

Tipo convocatoria
Oferta de emprego
Número vacantes
1
Data Inicio Publicación
16 de marzo de 2017
Data Fin Publicación
31 de marzo de 2017
Empresa
TERRAVANZA
Lugar de traballo
A Coruña
Remuneración
1.667 €/mes
Xornada completa
Si
Horario
09:00-14:00 e 16:00-19:00 h.
Funcións
Identificación e avaliación continua de novos proxectos para a súa incorporación á carteira de proxectos de I+D+i. Implementación dun procedemento interno para a xestión administrativa dos proxectos de I+D+i.
Xestión documental de ls proxectos en curso. Procura de financiamento de proxectos en convocatorias autonómicas, estatais, europeas ou bilaterais. Asistencia a eventos de presentación de convocatorias (workshops, Indays,...) Formulación de proxectos I+D+i para convocatorias público/privadas de financiamento. Procura de socios ou alianzas estratéxicas para a xeración de novos proxectos ou implementar os proxectos en curso. Xestión da divulgación e comunicación dos proxectos en curso.
Xestión de proxectos: seguimento, verificación de fitos a conseguir, relacións entre socios, contratacións, representar a TERRAVANZA en reunións, xustificacións científico-técnicas e económicas. Deseño de redes de sensores para a monitoraxe do territorio. Implantación de redes de sensores para a monitoraxe do territorio. Deseño e implantación de sistemas intelixentes para a xestión da mobilidade.
Desenvolvemento experimental de sensores. Programación de redes telemáticas.
Programación de sensores. Integración de datos obtidos mediante sensores en Sistemas de Información Xeográfica. Análises estatísticas de datos. Testeo de sensores experimentais. Verificación de resultados.

OFRÉCESE: Contrato indefinido. Incorporación inmediata.
Coñecementos
- Coñecementos TIC: Sistemas de información Xeográfica (Qgis, gvSIG, ArcGIS,...). Programación (Python, C++, Java, html,...). Software de ofimática. R (Estatística).
- Formación complementaria oficial: Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación. Mestrado en Xeoinformática.
- Formación complementaria non oficial: valorarase asistencia a cursos/xornadas de formación complementaria: xestión do tempo, xestión de equipos, comunicación...
- Outros coñecementos ou habilidades necesarios: Habilidades persoais como ilusión, motivación, capacidade de traballo, compromiso e autoxestión. Capacidade de análise técnica en diversas tecnoloxías, con habilidades para a xestión do tempo e de comunicación para interlocución con expertos técnicos e clientes.
- Publicacións, Congresos, Estancias en Centros de I+D+i ou en Universidades. Valorarase a estancia do candidato/a en centros de investigación nacionais ou estranxeiros colaborando en departamentos de I+D+i ou executando proxectos.
- Experiencia profesional previa requirida: Valorarase experiencia profesional previa en departamento de I+D+i, podendo ser esta como bolseiro/a. Valorarase estancia no estranxeiro noutras entidades ou empresas do sector. Experiencia en xestión documental de proxectos e desenvolvemento de produto.
- Imprescindible Inglés nivel C1. - Valorarase coñecementos avanzados doutros idiomas. - Carné de conducir e dispoñibilidade para viaxar.
Destinatarios
(So estudantes ou titulados/as da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación | Titulados/as
  • Enxeñeiro de Telecomunicación | Titulados/as
  •  

    No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación

    Documentación a presentar
    Curriclum Vitae actualizado, titulo, expediente académico e certificacións do nivel de dominio de idiomas.
    Entrega de documentación
    Por correo electrónico: rrhh@terravanza.com, indicando no asunto a denominación do posto ofertado.
    Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal