Técnico/a en Calidade

OE-Fac-16-0158

22 de novembro de 2016

Tipo convocatoria
Oferta de emprego
Número vacantes
1
Data Inicio Publicación
22 de novembro de 2016
Data Fin Publicación
31 de decembro de 2016
Empresa
Grupo Industrial Gallego de Gestión Medioambiental
Lugar de traballo
Ourense e A Coruña
Xornada completa
Si
Horario
De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Funcións
Definir, xunto á Dirección de Operacións, a política de Calidade, os obxectivos e os indicadores para seguir, en aliñación cos obxectivos da empresa.
- Xestionar o establecemento e monitoraxe dos obxectivos e KPI´s en liña coa estratexia definida por dirección.
- Desenvolver, revisar, redactar e manter os procedementos de traballo, as pautas de control para o cumprimento dos procedementos, de acordo coas normas externas e as propias da empresa.
- Recibir información das desviacións e analizar, propoñer e supervisar as accións correctoras e preventivas necesarias para garantir a calidade requirida polos clientes.
- Fomentar e desenvolver a Mellora Continua en toda a empresa.
- Rexistrar novas versións dos procesos no manual do sistema global de políticas e procedementos e comunicarllo aos novos empregados.
- Implantar a Norma ISO na empresa: Elaboración de toda a documentación necesaria para a Certificación da Empresa na ISO 9001 / ISO 14001 / OSHAS 18001/
- Asegurar que se establecen, implementan e manteñen a política de calidade e os procesos necesarios definidos no sistema de xestión de calidade.
- Elaborar o programa anual de auditorías internas, xestionar o proceso e realización de auditorías internas de calidade.
- Realizar a avaliación e seguimento da calidade de provedores/subcontratistas.
- Asegurar que se definan os controis de calidade necesarios en fabricación e que o produto cumpra coas especificacións do cliente.

OFRÉCESE:
- Contrato laboral de 1 ano prorrogable con posibilidade de pasar a indefinido.
- Incorporación inmediata.
Coñecementos
Experiencia demostrable en implantación de Sistemas de Xestión da Calidade ISO 9001, ou Sistemas Integrados de Xestión.
- Idiomas: nivel mínimo B2 en inglés. Valorarase coñecementos de Francés, Alemán e outros.
- Dispoñibilidade xeográfica e mobilidade.
- Coñecementos en:
ISO 9001:2008 Sistemas de xestión de calidade.
ISO 14001:2004 Sistemas de xestión ambiental.
OHSAS 18001:2007 Sistemas de xestión en seguridade e saúde.
Lean Manufacturing.
Redacción de procedementos.
Competencias transversais requiridas para oposto: adaptabilidade; capacidade para xestionar a presión; iniciativa persoal; capacidade para traballar en equipo; liderado;compromiso ético no traballo; sensibilidade cara a temas medioambientais e/ou sociais.
Destinatarios
(So estudantes ou titulados/as da Universidade de Vigo)
  • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría da Enerxía | Titulados/as
  • Enxeñeiro de Minas | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais | Titulados/as
  • Enxeñeiro Industrial | Titulados/as
  • Enxeñeiro de Organización Industrial | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría en Organización Industrial | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática | Titulados/as
  • Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría Mecánica | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Mecánica | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría en Química Industrial | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico Industrial, especialidade en Química Industrial | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría Agraria | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en Industrias Agrarias e Alimentarias | Titulados/as
  • Grao en Enxeñaría Forestal | Titulados/as
  • Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Industrias Forestais | Titulados/as
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas | Titulados/as
  • Licenciado en Administración e Dirección de Empresas | Titulados/as
  • Licenciado en Economía | Titulados/as
  • Grao en Dereito | Titulados/as
  • Licenciado en Dereito (Rama Xeral) | Titulados/as
  • Licenciado en Dereito (Rama Económico-Empresarial) | Titulados/as
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos | Titulados/as
  • Diplomado en Relacións Laborais | Titulados/as
  • Grao en Química | Titulados/as
  • Licenciado en Química | Titulados/as
  • Grao en Ciencias Ambientais | Titulados/as
  • Licenciado en Física | Titulados/as
  •  

    No caso de estar interesado nesta convocatoria, tes que presentar a seguinte documentación

    Documentación a presentar
    Carta de presentación. Curriculum Vitae, título e expediente académico actualziado.
    Entrega de documentación
    Por correo electrónico: emiliogpuga@yahoo.es, indicando no asunto a denominación do posto ofertado.
    Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal