PROCEDEMENTO

OBXECTIVOS

  • Intermediar entre as empresas ou institucións e os e as aspirantes de perfil universitario para facilitar a presentación de ofertas de traballo e bolsas de formación práctica.
  • Conseguir que el titulado o la titulada da Universidade de Vigo obteña un posto de traballo a través das convocatorias que a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) tramita coas empresas ou institucións e sempre acordes coa súa formación universitaria.
  • Levar a cabo accións de difusión e captación de empresas/institucións co obxecto de impulsar a súa colaboración coa AEE da Uvigo.

A QUEN VAI DIRIXIDO

Aos titulados e tituladas que cursasen total ou parcialmente os seus estudos na Universidade de Vigo  e estudantes actualmente matriculados/as.

VANTAXES

Para os titulados e tituladas e estudantes

  • Ter a oportunidade de coñecer ofertas de emprego e bolsas de formación práctica axeitadas á súa formación.
  • Coñecer as necesidades das empresas ou institucións en relación cos perfís profesionais que estas demandan.
  • Ter a oportunidade de amosar a súa preparación profesional.

Para as entidades empregadoras

  • Axudar as empresas ou institucións a se achegaren ás titulacións da Universidade de Vigo para que así poidan coñecer e contratar os e as profesionais que máis se axusten ás súas necesidades.
  • Divulgar gratuitamente as súas ofertas de emprego e bolsas de formación práctica a través das canles da Uvigo.
  • Facilitar o proceso de selección a entidade empregadora se opta por recibir os currículos e a restante documentación das candidaturas unha vez comprobada a veracidade dos requisitos esixidos.
  • Proporcionar un espazo na Universidade de Vigo para realizar o proceso de selección.

DOCUMENTACIÓN

A difusión gratuita das ofertas de emprego, implica cubrir os seguintes formularios:


 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal