Bolsas de formación práctica en industria alimentaria

13 de abril de 2018

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente convoca a concesión de 26 bolsas de formación práctica en 2018 para titulados/as universitarios/as nas seguintes áreas de coñecemento:
• Tres no campo da Informática, Matemáticas i Estatística.
• Dez no campo da Enxeñaría Agronómica, Veterinaria, Enxeñaría Técnica Agrícola e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
• Catro no campo do Dereito.
• Unha no de Economía, ADE e Socioloxía.
• Dúas no campo da Publicidade e Relacións Públicas.
• Dúas no campo do Periodismo.
• Catro no campo da Química, Bioloxía, Bioquímica e Farmacia.

Requisitos
Poderán optar a estas bolsas as persoas físicas con plena capacidade de obrar que reúnan, entre outras, as seguintes condicións:
• Estar en posesión ou en condicións de obter o título de grao, diplomatura, licenciatura, mestrado, enxeñaría técnica ou superior, doutoramento, ou titulacións equivalentes nas áreas de coñecemento, materias i especialidades relacionadas coas bolsas que se convocan.
• Ter coñecementos de inglés.

Condicións
A dotación por beneficiario/a será de 1.150 euros mensuais.
As bolsas comezarán na data de resolución de concesión das mesmas, rematando o 31 de decembro de 2018, e poderán ser prorrogadas anualmente ata un máximo de catro anos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de maio de 2018.

Ampliar información nas bases da convocatoria.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal