CINCO OFERTAS DE PRÁCTICAS EN GRANDES EMPRESAS TECNOLÓXICAS E DO ENTRETEÑEMENTO

9 de abril de 2018

Becas tecnoloxia 2018

Pixar Animation, Disney Career, Google, Amazon e Sega acaban de presentar unha serie de prácticas para traballar con eles e captar talento mozo.


PRÁCTICAS EN PIXAR ANIMATION STUDIOS
Lanza un programa de prácticas para verano de 2018 no seu departamento de investigación en Emeryville (California) nas seguintes áreas: aprendizaxe automático, rendering, simulación física e procesamento xeométrico. As candidaturas deben ser estudantes universitarios de terceiro curso dun grao ou licenciatura ou estudante de mestrado ou de doutoramento, que teñan mais dun ano de experiencia en investigación e coñecementos de algoritmos matemáticos por ordenador.
 

PRÁCTICAS EN DISNEY CAREER
Disney acaba de abrir un proceso de selección para recrutar a bolseiros e bolseiras que sexan estudantes finalistas das carreiras de Comunicación, Publicidade ou afíns, para dar soporte e asistencia ao departamento de Media Clearance en Bos Aires (Argentina).
Outros requisitos:
- Nivel avanzado de inglés
- Manexo avanzado de Office
- Nivel intermedio de Premier
 

PRÁCTICAS EN GOOGLE
O xigante Google convoca o programa Business Intern 2018 de prácticas que abarca moitas das súas delegacións internacionais, entre as que se atopa a de Madrid. Os postos de prácticas están nos departamentos de marketing e comunicación, operacións de ventas e solucións técnicas. Aínda que polo momento non existe ningunha vacante de prácticas dispoñible, a empresa anuncia que ao longo de maio o seu equipo de RR.HH. volverá a revisar todas as solicitudes recibidas e adxudicará novas prazas ás candidaturas que sexan seleccionadas.
 

PRÁCTICAS EN AMAZON
A súa delegación española busca bolseiros e bolseiras que desexen facer prácticas no seu departamento de investigación técnica a partir de xuño de 2018. Requisitos: estar cursando o último ano dunha licenciatura, grao ou mestrado relacionado con algunha disciplina técnica; dominar as linguaxes de codificación Java, Bash, Go e Python, e fluidez en español e inglés.
 

PRÁCTICAS EN SEGA
A multinacional xaponesa dos videoxogos busca testadores de xogos que vixíen os posibles errores lingüísticos dos seus novos videoxogo. Non se solicita que as candidaturas deben ter unha titulación académica, tan só deben ser xogadores/as experimentados/as con dotes de comunicación clara e precisa e que dominen o español.
http://careers.sega.co.uk/careers/sega-europe-limited/spanish-localisation-qa-tester

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal