BOLSAS CSIC DE INTRODUCIÓN Á INVESTIGACIÓN

3 de abril de 2018

A Presidencia da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 200 bolsas preferentemente orientadas a estudantes que realicen o seu Traballo Fin de Grao (TFG) ou o Traballo Fin de Mestrado (TFM) no curso académico 2018-2019.

O obxectivo é a iniciación na carreira científica, posibilitando a realización dunha estadía nalgún dos grupos de investigación que desenvolvan á súa labor nos centros e institutos do CSIC, os seus centros mixtos e ás súas unidades.

Estas bolsas terán unha dedicación de 300 horas a gozar dentro do curso académico 2018-2019, a realizar en meses consecutivos nun período máximo de catro meses.

As solicitudes deberán cumprimentarse a través da aplicación dispoñible nos servizos de información do CSIC.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 1 de xuño de 2018.

Máis información: consultar as bases da convocatoria.
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal