HP Academy 2018

23 de marzo de 2018

Esta nova edición de HP Academy cambiará o futuro profesional de 130 recén titulados e tituladas nas áreas de I+D e Negocio.

Un programa intensivo co que aprenderán sobre o último en impresión e todo o necesario para deseñar unha nova revolución tecnolóxica.

A maioría das candidaturas incorporaranse á compañía HP mediante un contrato laboral na súa sede internacional de Barcelona.

Para I+D buscan recén titulados/as de Grao ou Mestrado en:
• Informática
• Enxeñaría mecánica
• Enxeñaría de telecomunicacións
• Enxeñaría eléctrica
• Matemáticas
• Física
• Organización industrial
• Enxeñaría aeronáutica

Para Negocios buscan recén titulados/as de Grao ou Mestrado en:
• ADE
• Marketing
• Económicas
• Enxeñaría

Todas as persoas participantes teñen que ser apaixonadas pola tecnoloxía e a innovación. Ademais, deben ter excelentes habilidades de comunicación e presentación e un bo coñecemento de Excel. Aínda que o inglés é imprescindible, outros idiomas (francés, alemán, italiano u outros idiomas europeos) serán valorados.


Para máis información e rexistros: www.fue.es/HPAcademy

Prazo: Ata o 31 de maio de 2018

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal