Huawei ofrece 10 prazas para recén titulados e tituladas

14 de febreiro de 2018

Huawei España, co apoio da Fundación Universidad-Empresa, abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa ʻBreakthrough to ICT Engineeringʼ, a través do que se incorporarán na multinacional cun contrato indefinido, a partir do mes de setembro, os dez mellores perfís de Telecomunicacións que participen nesta convocatoria.

Perfís das candidaturas

• Ser estudantes de último curso de Enxeñaría de Telecomunicacións e Enxeñaría informática (que rematen a carreira en xuño) ou tela rematada desde o pasado verán.
• Non ter máis dun ano e medio de experiencia previa noutra empresa.

Para optar a unha das prazas é necesario enviar o CV a: huawei@fue.es antes do 31 de marzo.

Máis información: ver PDF.

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal