Convocatoria de bolsas de formación práctica na Axencia de Turismo de Galicia.

12 de febreiro de 2018

A Axencia de Turismo de Galicia convoca 8 bolsas de formación en oficinas de información turística para titulados/as con nacionalidade española no grao en Turismo ou nun mestrado relacionado co turismo. Deben posuir un certificado B1 ou superior en lingua inglesa.

Requisitos: as persoas beneficiarias deben ser tituladas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores á finalización do prazo de presentación de solicitudes e estar en posesión do título Celga 4 da lingua galega.

A dotación de cada bolsa será de 4.500 euros e terá unha duración máxima de cinco meses.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro de 2018.

Máis información no documento adxunto.

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal