Prácticas Moda e Deseño H&M Suecia

8 de febreiro de 2018

H&M

A empresa H&M convoca prácticas remuneradas para verán de 2018 na súa sede de Estocolmo(Suecia) a través do seu programa Design Student Placement Summer, dirixido a estudantes que estean cursando a súa formación en Moda ou Deseño na universidade.

Ofrece tres meses de prácticas, o 4 de xuño ao 31 de agosto de 2018, nos que as persoas participantes poderán vivir o día a día do traballo dentro dun entorno dinámico e internacional. Unha vez rematado o período inicial poderá realizarse unha prórroga se as dúas partes o aceptan.

As prácticas implican a participación no desenvolvemento das coleccións de H&M, ademais de dar asistencia ao deseñador/a de moda ou de estampado nos diferentes departamentos da marca.

A dotación será de 1.900 euros ao mes. De forma adicional proporcionaranse outras prestacións como cursos, seguro durante o horario de traballo ou o 25% de desconto en todas as tendas e marcas do grupo H&M.
Todas as persoas interesadas neste programa de prácticas deberán enviar a través da web de emprego de H&M á súa solicitude en inglés, na que constará o seu curriculum, unha carta de presentación e o seu su portfolio en formato dixital.

Recoméndase consultar a convocatoria na web de emprego de H&M para obter mais información.

REQUISITOS (entre outros)
Estar actualmente cursando na universidade unha formación en Moda ou Deseño Téxtil. Valoraranse os seguintes aspectos:
• Para os/as estudantes de Deseño: ter excelentes habilidades da cor e ilustración, así como coñecementos en técnicas de impresión.
• Para os/as estudantes de Moda: ter coñecementos de elaboración de patróns, costura e materiais téxtiles.
• Falar inglés de forma fluída.

Prazo: Ata o 28/02/2018

Máis Información: Programa Design Student Placement Summer

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal