AXENCIA TURISMO DE GALICIA: BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN DIVERSAS ÁREAS DURANTE OS ANOS 2018 E 2019.

5 de febreiro de 2018

A AXENCIA TURISMO DE GALICIA convoca 9 bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte maneira:
– 8 bolsas para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.
– 1 bolsa especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 coa seguinte duración:
– Bolsas en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.
– Bolsa na área de estudos e investigación: duración máxima de (12) doce meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

Entre outros requisitos, as titulacións solicitadas son:
- Bolsas nas oficinas de información turística: Grao en Turismo; Mestrado relacionado con turismo. Técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; Técnico/a Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.
- Bolsa na área de estudos e investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).

Prazo: Ata o 28 de febreiro de 2018.

Máis información: convocatoria no DOG.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal