Fundación ONCE - Programa de Formación e Coaching Profesional para a Busca Eficiente de Emprego

1 de febreiro de 2018

ONCE

O obxecto do programa é mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas con estudos universitarios rematados, para ter a oportunidade de traballar en empregos técnicos e cualificados.

O programa consta duns cursos gratuítos, eminentemente prácticos, que comezarán a medida que se cubran as prazas (mínimo 10 estudantes por curso). A duración é de 28 horas distribuídas en 6 sesións, 5 grupais e 1 individual, cunha frecuencia de 1 sesión por semana.

Os requisitos son:
• Ter estudos universitarios, grao ou postgrao, rematados
• Ser menor de 30 anos
• Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%
• Estar inscrito/a no Programa Nacional de Garantía Xuvenil ou inscribirse antes do inicio do programa. As condicións para apuntarse son estar o día anterior ao inicio do curso en situación de desemprego e sen cursar estudos, e ser menor de 30 anos.

Se estás interesado/a, ponte en contacto coa Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo (986 81 21 36 / insercionlaboral@uvigo.es)

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal