CONVOCATORIA DO ICEX DE AXUDAS DE BOLSAS DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

29 de xaneiro de 2018


As bolsas de Internacionalización Empresarial de ICEX teñen como finalidade a formación de persoas xovés profesionais especializadas en internacionalización empresarial axudando ás empresas españolas a implantarse no extranxeiro, aumentar as súas exportacións, atraer inversións extranxeiras e proxectar adecuadamente a imaxe de España e das súas empresas no exterior, así como a inserción laboral dos bolseiros.


O número de bolsas convocadas para a realización de prácticas será de 285.


CONSULTAR os requisitos esixidos nesta ligazón.


As persoas interesadas que cumpran os requisitos esixidos deberán cumprimentar o formulario de incripción accesible a través do portal de internet de ICEX http://www.icex.es/becas dentro do plazo de presentación de solicitudes establecido entre o 1 de marzo e o 7 de maio de 2018, incluíndo copia da certificación de inglés acorde ao nivel mínimo esixido.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal