Axudas Fundación ONCE para estudar inglés na Unión Europea

22 de xaneiro de 2018

A Fundación ONCE pon en marcha un programa de axudas de mobilidade internacional que permitirá aos mozos e mozas con discapacidade de entre 18 e 30 anos estudar inglés en países anglófonos da Unión Europea.

Este programa ofrecerá formación en competencias lingüísticas mediante a realización de prácticas no estranxeiro e a participación en cursos intensivos de inglés en países de fala inglesa pertencentes á Unión Europea.

As axudas deberán ser destinadas ao sufraxio da formación no idioma inglés, os gastos da viaxe e a de estadía no estranxeiro, que terá una duración mínima de dous meses e máxima de tres meses. Esta axuda será de 4.000 euros para as estadías de dous meses e de 6.000 euros para as de tres meses. Todas elas cubrirán a formación en inglés dos cursos, que deberán desenvolverse entre febreiro e agosto de 2018 e que haberán de ter unha carga lectiva mínima de 80 horas mensuais.

A solicitude da bolsa poderá realizarse ata o 31 de maio de 2018. Será necesario o envío a través do correo electrónico do formulario de solicitude xunto á documentación da persoa solicitante que é especificada dentro da convocatoria.

REQUISITOS
As persoas interesadas en obter a axuda deberán acreditar un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter entre 18 e 30 anos e estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de manera previa ao inicio do curso.

MÁIS INFORMACIÓN
Web da Fundación ONCE. Ayudas para estudiar inglés en el extranjero
Email: idiomas@fundaciononce.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal