Bolsas Leonardo a Investigadores/as e Creadores/as Culturais 2018

22 de xaneiro de 2018

A Fundación BBVA convoca as Bolsas Leonardo a Investigadores/as e Creadores/as Culturais co obxectivo de apoiar directamente o traballo de investigadores/as e creadores/as culturais que, atopándose en estadios intermedios da súa carreira, se caractericen por unha produción científica, tecnolóxica ou cultural altamente innovadora.

As áreas obxecto desta convocatoria son as seguintes:
• Ciencias Básicas (Física, Química e Matemáticas)
• Bioloxía, Ciencias do Medio Ambiente e da Terra
• Biomedicina
• Tecnoloxías da Información e a Comunicación
• Enxeñarías e Arquitectura
• Economía e Ciencias Sociais
• Comunicación e Ciencias da Información
• Humanidades (Filosofía, Filoloxía, Literatura, Lingüística, Historia, Estética e Musicoloxía)
• Artes Plásticas e Arte Dixital
• Música (composición, direción e interpretación) e Ópera
• Creación Literaria e Teatro

Os proxectos presentados terán unha duración mínima de 6 meses e máxima de 18 meses.

Todas as solicitudes presentaranse exclusivamente a través da aplicación disponible no sitio web da Fundación BBVA, xunto coa documentación pertinente, especificada nas bases da convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 15 de marzo de 2018, ás 19.00 h., hora peninsular.

REQUISITOS
Poderán optar a estas bolsas investigadores/as e creadores/as culturais de entre 30 e 45 anos de nacionalidade española con residencia en España, ou nacionais doutros países con residencia en España.

DOTACIÓN
Concederanse alomenos 55 bolsas para o conxunto da convocatoria, dotada cada unha delas cun importe bruto máximo de 40.000 euros.

MAÍS INFORMACIÓN: becas-leonardo@fbbva.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal