Bolsas de formación práctica - Fundación Galicia Europa

8 de xaneiro de 2018

FGE

Convócanse cinco bolsas dirixidas a titulados/as superiores universitarios/as para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2018

Catro bolsas de formación dirixidas ao seguimento dos asuntos relacionados coas políticas comunitarias que máis afectan a Galicia. Titulacións que se valorarán preferentemente e que se imparten na Universidade de Vigo son: grao ou licenciatura en Dereito, Dirección e Xestión Pública ou Economía.

A FGE ofrece, ademais, unha bolsa radicada na oficina de Bruxelas co obxectivo de familiarizarse coa comunicación e información das políticas comunitarias, das actividades da Fundación e da presenza de Galicia nos organismos europeos. Titulacións que imparte a Universidade de Vigo incluídas na convocatoria son: grao ou licenciatura en Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2018 cunha duración máxima de 11 meses, contados dende a data da incorporación das persoas bolseiras.

Máis información na páxina da FGE.

Prazo: ata o día 28 de xaneiro

Documentos:

icono_pdfCONVOCATORIA

icono_pdfORDE E BASES REGULADORAS

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal