Estadías no estranxeiro para mozos e mozas doutores e doutoras

2 de xaneiro de 2018

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para 260 estadías no estranxeiro, das que ata 30 poderán corresponder a estadías en EE.UU. no marco do Programa Fulbright, para persoas que obtiveran o doutorado. Estas axudas teñen por obxecto financiar estadías que favorezan e incentiven a mobilidade de mozos/as doutores/as, que se incorporaran recentemente á carreira docente e investigadora e manteñan unha vinculación contractual como profesores/as e investigadores/as cos seus centros de adscrición.

Os centros para os que se solicite a estadía de mobilidade deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica da persoa candidata.

As subvencións supoñen:
• Unha dotación mensual en concepto de gastos de aloxamento y manutención entre 2.150 e 3.100 euros ao mes.
• Unha dotación para gastos de viaxe ata un máximo de 1.200 €.
• Unha dotación para gastos de instalación ata un máximo de 2.500 €.

Prazo: desde 0 10 de xaneiro ata o 30 de xaneiro de 2018 ás 14:00 horas.

Máis información: aquí

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal