“Becas Talento Mujer” 2018

2 de xaneiro de 2018

Becas Mujer

Banco Santander, S.A. lanza o Programa de “Becas Talento Mujer”, que ten por finalidade a concesión de 20 axudas económicas a mulleres para a realización de Mestrados e posgraos de materias no ámbito STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Matemáticas) e a realización de prácticas formativas en Banco Santander.

Esta convocatoria contempla a concesión de 20 axudas económicas destinadas a cubrir ata o 75% do importe da matrícula cun límite máximo de 5.000 euros por candidata. No caso de percibir outra bolsa para la realización do mestrado ou curso de posgrao, poderase ser beneficiaria da Bolsa Santander Talento Muller no importe que reste entre o 75% da matrícula e a axuda económica procedente da outra bolsa, cun límite máximo de 5.000 euros por candidata.

A duración máxima das prácticas formativas será de 6 a 12 meses, dependendo das súas características.

Existen dous prazos para enviar as solicitudes, tendo preferencia as recibidas dentro do primeiro prazo:
- Primeiro prazo: ata as 23:59 horas do 8 de xaneiro de 2018.
- Segundo prazo: entre as 00:00 horas do 9 de xaneiro e as 23:59 horas do 8 de febreiro de 2018.

Máis información aquí e nas bases da convocatoria (ver pdf)

Documentos:

icono_pdfBASES DA CONVOCATORIA

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal