BOLSA DE FORMACIÓN PARA TITULADOS/AS SUPERIORES NO ÁMBITO DA I+D+I

27 de novembro de 2017

A bolsa terá unha duración dun ano e se desenvolverá integramente na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, onde a persoa seleccionada se unirá ao equipo de bolseiros da Fundación. Tamén existe a posibilidade de que o seleccionado realice breves periodos formativos nas dependencias de GAIN en Santiago de Compostela. O período de prácticas desenvolverase durante doce meses en 2018. O plan de formación consistirá no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e incluirá a asistencia ás reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIn e a Vanguard Initiative.

A convocatoria detalla os prazos e procedementos para a presentación de solicitudes, as fases do proceso de selección e os requirimentos de admisión entre os que destacan ter unha vinculación con Galicia, ter obtido un título universitario superior con posterioridade a 2010, non ser beneficiario de ningunha convocatoria anterior de bolsas da FGE ou demostrar o dominio das linguas galega, española e inglesa, entre outros.

Aquelas persoas interesadas poderán presentar as súas candidaturas coa documentación esixida ata o día 22 de decembro. Como novidade deste ano, as solicitudes enviaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazo: Ata o 22 de decembro de 2017.

Consulta aquí a convocatoria.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal