ERASMUS MUNDUS PARA ESTUDOS DE MESTRADO 2018-2019

13 de novembro de 2017

A través deste programa, o alumnado de todo o mundo poderá cursar estudos de posgrao nas universidades europeas, e á súa vez, fomentar a mobilidade do estudantado europeo cara a terceiros países.

As áreas de estudos son variadas:

  • Enxeñaría, fabricación e construción
  • Agricultura
  • Humanidades e artes
  • Ciencia, Matemáticas e Informática
  • Ciencias Sociais, Negocios e Dereito

Toda a información sobre o Programa Erasmus Mundus, a listaxe dos distintos mestrados, así como a información de como solicitalos e optar ás bolsas, pódela atopar na seguinte ligazón: https://eacea.ec.europa.eu/…/libr…/scholarships-catalogue_en

O estudantado pode optar a un máximo de tres programas diferentes. Tanto o estudantado como posibles bolseiros/as e conferenciantes invitados deberán contactar coa institución para obter máis información sobre os cursos e os procecedementos de solcititude.

O prazo para solicitalas remata no mes de xaneiro de 2018.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal