PROGRAMA EXPLORER 2018

13 de novembro de 2017

O seu obxecto é a promoción do talento e o espírito emprendedor entre os mozos e mozas de entre 18 e 31 anos. Mediante esta iniciativa perséguese axudar a desenvolver o potencial emprendedor polo que se ofrecer apoio, formación e asesoramento orientados a facilitar o desenvolvemento dun proxecto de negocio podendo optar á obtención de premios.

A inscrición no Programa realizarase on line ou ben a través da web http://jointhex.org ou da web http://yuzz.org.es/, para elo a persoa interesada rexistrarase en JOINTHEX e posteriormente seguindo os pasos que se indican procederá a inscribir a súa idea cubrindo o correspondente formulario ou ben rexistrará a súa idea a través de YUZZ/EXPLORER cubrindo tamén o correspondente formulario.

As candidaturas poderán presentarse ata o 8 de decembro de 2017, ás 14.00 horas (GMT). A organización podería ampliar o prazo de recepción de candidaturas mediante anuncios publicados en JOINTHEX e en YUZZ/EXPLORER.

Máis información: ver PDF.

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal