VIVIR E TRABALLAR EN ALEMANIA

6 de novembro de 2017

Poster Bundesagentur

Sesión informativa pola Axencia Federal de Emprego en Alemania (Bundesagentur für Arbeit)

O vindeiro xoves 9 de novembro ás 11:00 no campus de Vigo (Sala “I+” de Cidade Tecnolóxica de Vigo - CITEXVI) a Axencia Federal de Emprego en Alemania (Bundesagentur für Arbeit) ofrecerá a sesión informativa Vivir e traballar en Alemania, na que se aportará unha visión xeral da situación do mercado laboral en Alemania así como das oportunidades de emprego para persoas tituladas.

O contido da sesión será:

 

  1. Visión xeral sobre Alemania
  2. A Formación Profesional Dual
  3. O mercado laboral en Alemania
  4. Salario e condicións de traballo en Alemania
  5. Solicitude e ofertas de emprego (Bolsa de Emprego)
  6. Preguntas

A entrada será libre ata completar aforo.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal