Proxecto de ISDEFE e a Fundación Universidade–Empresa “Tactics: Alliance for your future”

3 de outubro de 2017

ISDEFE

"Ingeniería de Sistemas para la Defensa de España" (ISDEFE), en colaboración coa "Fundación Universidad-Empresa" (FUE), ofrece 20 prazas de bolsas en 2 convocatorias anuais para recén titulados e tituladas en Enxeñaría de Telecomunicacións, Informática, Aeronáutica e Industrial, con alto nivel de inglés.

O programa “Tactics: Alliance for your future” prevé a incorporación dos bolseiros e bolseiras a finais de ano. As bolsas terán unha duración de 1 ano e unha remuneración de 1.300 euros mensuais e son unha posibilidade real de incorporación á empresa tras rematar o programa.

As candidaturas elexidas combinarán a súa formación práctica en ISDEFE con formación teórica moi especializada na Universidade Autónoma de Madrid a través do programa Citius da FUE.

As inscricións deben facerse a través da páxina web www.talentoteca.es/isdefe antes do mes de decembro.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal