IV Edición de First Experience de Viesgo

11 de setembro de 2017

Viesgo é unha compañía enerxética adicada a xerar, distribuír e comercializar electricidade e gas, cun equipo de máis de 1.000 profesionais prestando servizo a cerca de 670.000 clientes en España e Portugal.

Viesgo é una empresa na que se recoñece o novo talento e se valora a ilusión e o traballo dos mozos e das mozas. Por iso puxeron en marcha “First Experience Viesgo””, un programa renovado de prácticas que pretende atraer talento, dando aos/ás estudantes a oportunidade de complementar a súa formación e de experimentar a súa primeira experiencia laboral dentro das diferentes áreas de negocio e soporte.

Nesta IV edición buscan incorporar perfis con ganas e ilusión por traballar nunha empresa dinámica e en continua evolución.

Requisitos mínimos:

- Estudante de último ano de carreira ou posgrao con posibilidade de asinar convenio de prácticas das seguintes titulacións: Doble Grado en Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Electrónica Industrial, Grao en Dereito, Grao en Economía, Grao en Enxeñaría da Enerxía, Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, Grao en Enxeñaría dos Recursos Enerxéticos, Grao en Enxeñaría en Tecnoloxía Industrial e Grao en Enxeñaría Informática.
- Inglés (Lectura: Nivel intermedio alto, B2/Escritura: Nivel intermedio alto, B2/Conversación: Nivel intermedio alto, B2)

Ofrécese:
- Prácticas baixo Convenio de prácticas profesionais
- Duración 1 ano
- Xornada Completa
- Prazas: 28 

A ubicación das bolsas será en Madrid i en Santander.

Rexistro aquí

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal