PROEMGA 2 - Programa de formación y acompañamiento para la mejora del emprendimiento juvenil en Galicia -

2 de agosto de 2017

Programa de formación y acompañamiento para la mejora del emprendimiento juvenil en Galicia

A Fundación Galicia Innova é unha organización sen ánimo de lucro, constituída no ano 2003 que leva traballando no ámbito da mellora da empregabilidade dos mozos e mozas desde o ano 2009 ao amparo de diferentes axudas por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a Xunta de Galicia y outras organizacións gubernamentais e non gubernamentais.

Neste marco de referencia o ano pasado executou o programa PROEMGA en Galicia obtivendo uns excelentes resultados: a porcentaxe de empregabilidade dos/as egresados/as de dito programa foi dun 56,14% aos dous meses do remate do mesmo.

Este ano repiten a co programa PROEMGA 2, que na súa segunda edición desenvolverase nas localidades de Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

O obxecto do proxecto é mellorar a inclusión no mercado laboral de mozos e mozas menores de 30 anoas das localidades anteriormente descritas, que non se atopen empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación e que estean rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O proxecto consta de 4 fases ben diferenciadas que potenciarán as capacidades persoais e de autoemprego, mediante a motivación, a formación grupal e individualizada e o mentoring.

Toda esta información está dispoñible na web do proxecto.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal