Programa internacional Challenge para mozos e mozas recen titulados/as

31 de xullo de 2017

A cuarta edición do programa internacional de prácticas Challenge By Cintra, que se desenvolverá a partir do próximo mes de novembro, acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes. Este proxecto está promovido por Cintra, en colaboración coa Fundación Universidad Empresa e a Universidad de Alcalá, e vai dirixido a mozos e mozas residentes en España e Portugal.

O programa consiste nun ano de prácticas rotativo por diferentes países, nos que contarán cunha formación internacional para toda a vida. O obxectivo é que o estudantado adquira as habilidades necesarias para desenvolver con garantías a súa carreira profesional.

Nesta cuarta edición, Cintra ofrece un total de 4 plazas para recén titulados/as en Administración e Dirección de Empresas, Economía e Dereito, entre outras titulacións, que cursaran os seus estudos, ou estén a punto de finalizalos, en España ou Portugal.

Durante os primeiros seis meses de prácticas, as persoas seleccionadas desenvolverán a súa experiencia nas oficinas centrais de Cintra en Madrid. Os seguintes seis meses, participarán no día a día de unha das concesións de Cintra en Estados Unidos, Canadá, Australia, Irlanda, Reino Unido ou Portugal.

As persoas seleccionadas recibirán unha dotación económica mínima de 1000€ ao mes, ademáis de outras axudas como billetes de avión ou aloxamento durante a segunda parte das prácticas; e incorpararanse ao Master GAIA in Decisión Making and Innovation, título propio da Universidade de Alcalá, que se imparte online, en inglés e de acordo coa innovadora metodoloxía do X-learning.

As persoas interesadas en participar neste programa, deben inscribirse en http://www.fue.es/cintra/index.asp antes do 29 de setembro de 2017. As candidaturas seleccionadas incorporaranse as súas prácticas en Cintra en novembro de 2017.

Máis información nos arquivos adxuntos

Documentos:

icono_pdfChallenge by Cintra_Universidades

icono_pdfBrochure Challenge by Cintra 2017

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal