Bricomart ofrece contratos indefinidos en Galicia para persoas recentemente tituladas universitarias e de Formación Profesional

15 de xuño de 2017

Bricomart e a Fundación Universidade-Empresa uníronse para colaborar na selección de perfís para o seu programa de aceleración do desenvolvemento, TELÉMACO. BRICOMART ofrece un contrato indefinido a persoas recentemente tituladas universitarias e de Formación Profesional. Lanzouse un proceso de selección en Galicia (5 prazas) para dar cos perfís que máis se axusten ao que require a multinacional para o seu plan de expansión en España.

As persoas elixidas formaranse nun almacén fóra da súa Comunidade para máis tarde regresar ao seu lugar de orixe co obxectivo de ser Xefes/as de Sector. A data de incorporación será o 17 de xullo e farano cun contrato indefinido, co seu correspondente período de proba, e cun plan de desenvolvemento salarial en catro fases ligado á consecución de obxectivos de aprendizaxe.

A data límite de inscrición é o próximo 30 de xuño e deberá realizarse na páxina web: http://www.talentoteca.es/bricomart

Máis información no documento adxunto.

Documentos:

icono_pdfBRICOMART Galicia

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal