Telefónica abre unha nova convocatoria de bolsas Talentum para estudantes do curso 2017/2018

7 de xuño de 2017

Talentum telefónica

Talentum abre unha nova convocatoria para estudantes de grao ou mestrado de Enxeñaría de Telecomunicacións, Enxeñaría Informática, Administración de Empresas, Publicidade, Marketing ou Periodismo, en colaboración con FUE (Fundación Universidad-Empresa). Concretamente, con estas bolsas será posible aprender sobre proxectos reais colaborando cos mellores expertos/as en Big Data, redes, programación, marketing ou comunicación entre outros.

As prácticas levaranse a cabo nas oficinas de Telefónica de Madrid, Barcelona, Granada, Huesca e Valladolid, e terán unha duración de seis meses. A data de incorporación será en outubro.


As persoas interesadas en candidatarse poderán solicitar máis información sobre esta convocatoria a través da seguinte web: http://www.talentumtelefonica.com/becas/estudiantes/

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal