OFERTA DE EMPREGO: Xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e Innovación

5 de junio de 2017

Convocatoria para a contratación dun/ha Xestor/a de Transferencia de Tecnoloxía e Innovación para a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria de ITMATI. Esta contratación realízase no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial para consolidar a Unidade de Transferencia da Ciencia e da Tecnoloxía Matemática á Industria.

REFERENCIA DA OFERTA: ITMATI-OT-06/2017.
PERFÍS DAS CANDIDATURAS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, Mestrados, con experiencia previa contrastada de polo menos un ano en xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación, relacionada co ámbito das ciencias experimentais ou a enxeñería.

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán enviar antes do 26 de xuño de 2017 ás 14:00 horas as solicitudes ao seguinte enderezo electrónico: itmati@itmati.com indicando no “asunto” a referencia da oferta ITMATI-OT-06/2017.

MÁIS INFORMACIÓN: No documento achegado e na web de ITMATI no seguinte enlace: ITMATI-OT-06/2017 (preme aquí)

 

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal