PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA PROFESORES - FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

31 de maio de 2017

Programa de Formación para Profesores

O Programa de Formación para Profesores da Fundación Amancio Ortega convoca 50 prazas de formación internacional dirixidas a titulados e tituladas das edicións 2015-2016 ou 2016-2017 do Mestgrado Universitario en Formación do Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas de universidades españolas.

O Programa ofrece un curso específico de formación en Canadá, durante un ano académico, en colaboración co distrito escolar de Ottawa-Carleton, Ontario. Ao longo dun ano académico, as persoas participantes seleccionadas recibirán formación específica sobre metodoloxías educativas de aplicación transversal e sistemas educativos innovadores. Tras o primeiro período de formación, as persoas integrantes do Programa realizarán un período de prácticas profesionais, incorporándose á rede pública de institutos canadienses como profesores e profesoras visitantes.

O período de envío de solicitudes da convocatoria 2017-2018 estará aberto ata as 13:00 horas do 10 de xullo de 2017.
Consultade as Bases de Participación para confirmar que cumprides os requisitos.

Na web do Programa tedes un manual do/a solicitante onde atoparéis información sobre os documentos a aportar no formulario online.

 

Documentos:

icono_pdfBases

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal