Programa “Emprende tus Prácticas”

29 de maio de 2017

Emprende tus prácticas

A Fundación José Manuel Entrecanales (FJME) e a Fundación Universidad-Empresa (FUE) acaban de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa Emprende tus Prácticas. Esta duodécima edición desenvolverase durante os meses de setembro de 2017 a xaneiro de 2018 en 30 start-ups de base tecnolóxica de Ávila (1 praza), Barcelona (3 prazas), La Coruña (1 praza), A Rioxa (1 praza), Madrid (18 prazas), Palma de Mallorca (1 praza) e Valencia (5 prazas).

Esta iniciativa ten por obxecto fomentar a cultura emprendedora entre os mozos e mozas, apoiar iniciativas Empresariais con gran potencial, e ofrecer prácticas formativas de valor engadido para os universitarios e universitarias.
Esta convocatoria ofrece 30 prazas para estudantes universitarios/as de últimos cursos e de mestrado de todas as áreas.
As prácticas desenvolveranse en horario de media xornada e as persoas seleccionadas recibirán unha axuda ao estudo por parte da FJME de 400 € brutos mensuais, ademais de ser dadas de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social conforme á normativa vixente.

Cada un dos mozos/as seleccionados/as incorporarase durante catro meses nalgunha das start-ups que participan no programa, todas elas líderes en sectores innovadores e dinámicos con alcance internacional, grandes equipos de profesionais e, sobre todo, con gran potencial de crecemento. Por exemplo, Fintonic, Geoblink, MiNube, Runator ou Waynabox entre outras.

As persoas interesadas en optar a unha das prazas convocadas deberán rexistrarse en http://fjme.org/etp antes do próximo 30 de xuño de 2017 e poden seguir a convocatoria e realizar consultas en Twitter a través de #EmprendeTusPrácticas.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal