Ofertas remuneradas para prácticas Erasmus+ durante o curso 17-18

22 de maio de 2017

ERasmus+

 Está aberto o primeiro prazo da convocatoria ERASMUS PRÁCTICAS PARA O CURSO 17-18 ATE O 30 DE XUÑO.

Este ano ademais da posibilidade de propoñer a empresa libremente, dispoñemos de ofertas remuneradas para realizar prácticas Erasmus+ para estudantes e itulados/as de ADE/TELECO E RAMA SOCIAL.

Lembrade que :

  • Para concorrer á convocatoria Erasmus + practicas é preciso presentar a carta de aceptación dunha empresa coa solicitude:
    • Podes aportar a carta dunha empresa elixida por ti. A empresa debe proporcionarche unha carta de aceptación conforme o modelo publicado na páxina web da ORI.

    • Ou optar a unha das prazas que ofrecen as empresas e que se publican na paxina web da ORI. Neste caso os pasos son os seguintes:

      •  Enviar a documentación solicitada na oferta de prácticas ao e-mail de contacto.
      •  Dende a ORI remitiremos todas as solicitudes á empresa.
      •  A empresa realizará a selección e emitirá unha carta de aceptación.
      •  Unha vez que teñas a carta terás que presentar a túa solicitude Erasmus Prácticas en tempo e forma.
  • Ademais da posibilidade de realizar prácticas mentres es estudante, tamén podes realizar as prácticas unha vez obtida a titulación sempre e cando solicites as prácticas durante o teu último ano de estudos (ate o 30 de xuño).
  • As prácticas para o primeiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 1/09/2017 e o 31/08/2018.
  • A contía da bolsa Erasmus +prácticas oscila entre 300€ e 400€ dependendo do país de destino e é compatible coas axudas que outorgue a empresa.

Consulta as ofertas de Prácticas remuneradas así como as bases da convocatoria na páxina web da ORI.

Mais información:
internacional@uvigo.es
apoio.internacional@uvigo.es
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal