Emprendedores Santander - 9 de maio de 2017

21 de abril de 2017

Os vindeiros 8 e 9 de maio a Universidade de Vigo terán lugar na Universidade de Vigo o pleno da Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE), así como o Patronato e o Consejo Editorial da Fundación Universia.

Con ocasión destes actos, o día 9 de maio ás 12:00 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universia organiza un encontro interuniversitario de emprendedores que contará con ponencias de emprendedores consolidados de referencia nacional e internacional, así como cos rectores das universidades españolas.

Tratarase dun evento dinámico, colaborativo e aberto á participación no que se tratarán temas transversáis como:

  • Medo ao fracaso. Aprender a equivocarse ben
  • Pivotar. Aprender a aprender / a adaptarse
  • Creatividade. Da idea ao producto / servizo
  • Financiación. Convencer coa túa idea

Universia, comprometida co impulso de proxectos emprendedores no ámbito universitario, quere invitar a todos e todas as estudantes con espíritu emprendedor de todos os ámbitos da Universidade de Vigo.

Se estás interesado en participar neste importante encontro debes cubrir o formulario que tes a túa disposición abaixo e o equipo organizador se poñerá en contacto contigo para cursar formalmente a túa invitación e acreditación.

Prazo: ate as 14:00 do 25 de maio de 2017.

 

Documentos:

icono_pdfPrograma provisional

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal