Bolsas Talento Vodafone

14 de setembro de 2015

Vodafone busca mozos e mozas responsables e innovadores, con ganas de por en práctica todos os seus coñecementos e coñecer cómo funciona por dentro unha gran compañía de telecomunicacións.

OFRECEN
• A posibilidade de iniciar a carreira profesional nunha gran compañía multinacional.
• Unha oportunidade de aprendizaxe e mellora profesional importante (responsabilidade en varios proxectos, feedback polo titor ou titora, colaboración con grandes profesionais e moito máis).
• Unha remuneración competitiva.
• Unha rede de contactos con outros bolseiros e bolseiras a nivel social e profesional.

REQUIREN
• Ser estudante de últimos cursos de carreira ou máster (matrícula no curso académico 2015/2016).
• Ter un bo expediente académico e nivel alto de inglés.
• Ter dispoñibilidade para realizar as prácticas en horario de mañá, entre 5 e 7 horas diarias, desde novembro de 2015 e cunha duración de entre 6 e 12 meses.

PERFÍS DEMANDADOS SEGUNDO ÁREAS OPERATIVAS DA EMPRESA
• Produto, Marketing e Vendas: Informática, Marketing, Telecomunicacións, ADE, Industriais, Dereito, Publicidade e RRPP, Económicas etc.
• “End to end” ao Cliente: ADE, Industriais, Telecomunicacións, Informática, Ciencias Sociais e Xurídicas, Económicas, etc.
• Tecnoloxía: Rede & IT: Telecomunicacións, Informática, Física, Industriais, etc.
• RRHH, Estratexia, Finanzas e Legal: Económicas, Dereito, Relacións Laborais, ADE, etc.

Máis información: http://www.vodafone.es/conocenos/es/vodafone-espana/trabaja-con-nosotros/talento-joven/

Envía o teu CV a: becasvodafone@universia.net

Documentos:

Documento PDF

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal