Asociación Internacional para o Intercambio de Estudantes para Experiencia Técnica

18 de abril de 2017

IAESTE España

Esta asociación, en inglés International Association for the Exchange of Students for Technical Experience (IAESTE), é unha organización independente, sen ánimo de lucro e apolítica para o intercambio internacional de estudantes. Prové a estudantes de materias técnicas (principalmente nas ramas das Ciencias, as Enxeñarías e as artes aplicadas) de prácticas remuneradas no estranxeiro, relacionadas coa súa materia; e a entidades empregadoras con bolseiros e bolseiras con alta capacitación e motivación, para proxectos de curta ou longa duración. Con máis de 80 países involucrados e intercambiando anualmente máis de 4000 prácticas en todo o mundo, é a maior organización deste tipo no mundo.

Se queres coñecer as súas convocatorias de prácticas entra no seu facebook.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal